Skip to main content

O reitor da USC entregou os premios do sorteo realizado entre os estudantes matriculados por Internet

Os alumnos agraciados recibiron tres portátiles, trece móbiles, dez matrículas de balde e diversas viaxes e billetes de avión
Os alumnos agraciados recibiron tres portátiles, trece móbiles, dez matrículas de balde e diversas viaxes e billetes de avión
Os agraciados recibiron tres portátiles, trece teléfonos móbiles de última xeración, dez matrículas de balde e diversas viaxes e billetes de avión

O reitor da USC, Senén Barro, presidiu este mércores 28 o acto de entrega dos premios sorteados entre os estudantes que no presente curso se matricularon por Internet. En concreto, entregáronse tres portátiles, trece teléfonos móbiles de última xeración, dez matrículas de balde e diversas viaxes e billetes de avión. O acto celebrouse no Salón de Graos do Colexio de San Xerome e nel participaron ademais os representantes das empresas e entidades colaboradoras neste sorteo Optize, Vodafone, e Renfe, que fixeron entrega dos premios.
Na sesión, o reitor subliñou que o número de estudantes de 1º e 2º Ciclo matriculados por Internet no presente curso representa o 45,2 por cento do total de matrículas tramitadas. Ademais, o número de estudantes que comezaron estudos na USC en 2007-2008 creceu nun 5,84 por cento, ata os 5.325, o que segundo apuntou Senén Barro rompe coa tendencia á baixa experimentada nos últimos anos. De entre estes alumnos, formalizaron a súa matrícula na USC máis da metade dos que nas probas de acceso obtiveron unha nota superior a 9.
Outros dos índices que tamén experimentaron un destacado aumento foron os relativos ao de alumnos no programa de mobilidade Erasmus, de cerca do 40 por cento con respecto ao anterior curso, e nos Programas Oficiais de Posgrao, de preto do 134 por cento, aínda que neste último caso motivado en parte polo incremento do número de cursos ofertados.
PremiosSegundo o sorteo realizado a comezos do presente mes, os portátiles recaeron nos alumnos Irene García Abad, Jorge García García e Marina Antolín Díaz. Pola súa banda, os estudantes que recibiron os teléfonos móbiles son Miguel Carrero Pazos, María Inmaculada Rial Sánchez, Eva Insua Rodríguez, Alba Permuy Lapido, Ana Mugica de Rivera, Inmaculada Castro Besteiro, Laura Lozano Guede, Silvia Pérez Varela, María Santamaría Cadavid, Jesús Manuel Barral Viqueira, Alejandro Campos Varela, Antonio Vázquez Vázquez e Irene Menduíña Gallego.
No sorteo das dez matrículas de balde resultaron seleccionados Cristina Díaz Mosteiro, Lucía Pombo Rodríguez, Sandra García Núñez, Jorge López Fresco, Celestino Fernando Amigo De Pascual, Igor Aparicio Gutiérrez, M. Teresa Piñeiro Pedreira, Marcos Prada Ginzo, Iago Manuel Varga Bermejo e Lara Silva Martínez.
Pola súa banda, Sandra Mateo Suárez foi a agraciada cunha viaxe de 8 días para dúas persoas á Illa de Tenerife, con saída desde Santiago de Compostela, en hotel de catro estrelas en réxime de aloxamento e almorzo, mentres que Marina Búa Otero gañou unha fin de semana para dúas persoas no hotel Husa Vilalba en réxime de aloxamento e almorzo buffet, con entrada incluída ao SPA.
Finalmente, Martín Saborido Rial e Juan Ramón Solla Iglesias acadaron un billete de avión de ida e volta Santiago-Dublín en Air Lingus, e María Aránzazu Dorrego López e Javier Santaeufemia Darriba un billete Interrail global 10 días flexi.

The contents of this page were updated on 11.28.2007.