Skip to main content

Os investigadores Paloma Ballesteros e Sebastián Cerdán intervirán nun ciclo de conferencias da Rede de Ciencia se Materiais Moleculares da USC

A Rede de Ciencias e Materiais Moleculares da USC organiza este venres 30 dúas conferencias que impartirán a profesora Paloma Ballesteros e o tamén docente Sebastián Cerdán. A sesión desenvolverase no Salón de Actos do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia (Campus Sur) a partir das 10:00 horas.
A profesora da UNED Paloma Ballesteros presentará un relatorio no que se referirá aos axentes de contraste de alta eficacia para a diagnose e pronóstico por métodos de resonancia magnética nuclear. Pola súa banda, Sebastián Cerdán, do Instituto de Investigacións Biomédicas Alberto Sols da Universidade Autónoma de Madrid, falará sobre o diagnóstico avanzado do cancro empregando métodos de resonancia magnética.

The contents of this page were updated on 11.29.2007.