Skip to main content

O Servizo de Prevención de Riscos da USC preséntase aos novos investigadores

O Servizo de Prevención de Riscos da USC organiza este venres, día 30, unha xornada de presentación aos novos investigadores, que comezará ás 12:30 horas no Salón de Graos da Facultade de Matemáticas.
O encontro diríxese especialmente aos recén contratados pola USC para realizar investigacións, pero tamén será de interese para os bolseiros cuxos traballos a desenvolver na USC teñen relación con laboratorios ou produtos e prácticas perigosas.
O Servizo de Prevención de Riscos da USC promove a saúde e seguridade dos traballadores da USC e para iso deseña, aplica e coordina os plans e programas de actuación preventiva, avalía os factores de risco que poidan afectar á seguridade e saúde do persoal, e promove a información e implicación de todos na cultura preventiva.

The contents of this page were updated on 11.29.2007.