Skip to main content

Expertos internacionais debaten en Santiago sobre as políticas de innovación e o investimento en empresas innovadoras

O encontro celébrase na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos
O encontro celébrase na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos

O grupo de investigación ICEDE da USC desenvolve este xoves e o venres 30 no Hostal dos Reis Católicos un seminario internacional no que se analizan as novas orientacións da política de innovación en diferentes partes de Europa e do mundo no relativo á promoción de investimentos innovadores e creación de empresas con alto potencial de crecemento. O encontro, que organiza o catedrático de Economía Aplicada e director do ICEDE Xavier Vence, inaugurouno o conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco.
A atención dos participantes céntrase nas vías de promover o venture capital privado formal e informal (business angels) como ferramenta para a emerxencia e arranque de novos proxectos emprendedores que contribúan á diversificación do tecido produtivo e á emerxencia dun cluster de alta tecnoloxía na industria e nos servizos, condición esencial para o reforzamento da capacidade competitiva do noso país e a creación de empregos de alta cualificación.
Presentación en Galicia do Mercado Alternativo BursatilO catedrático da Universidade de Xerusalén e especialista en políticas de innovación e venture capital, Morris Teubal, será quen dea comezo á sesión da tarde deste xoves co relatorio ‘A configuración do cluster de alta tecnoloxía e a política de capital risco: a experiencia de Israel e Silicon Valley’. Teubal é asesor da Unión Europea e de diferentes países para políticas de tecnolóxicas.
Deseguido, terá lugar a presentación por primeira vez en Galicia do novo Mercado Bursatil Alternativo da Bolsa de Madrid, coa participación do seu presidente e director xeral, Antonio Giralt e Jesús González respectivamente. Trátase dun instrumento de potencial utilidade para facilitar as saídas ao capital risco e business angels.
No seminario, no que os membros de ICEDE darán a coñecer os resultados principais dun proxecto que veñen de rematar sobre esta materia, participarán outros expertos europeos de primeiro nivel como; ou Martí Pellón, catedrático da Complutense e o primeiro experto español en Capital Risco.
Programa do venres 30A sesión do venres comezará coa intervención do profesor do Campus de Ferrol Ramón Yáñez sobre financiamento empresarial e racionamento de crédito ás PEMES, para continuar con Phil Cooke, profesor da Universidade de Cardiff (País de Gales) e director da revista European Planning Studies. Deseguido intervirá Claire Munck, secretaria executiva de EBAN (Rede Europea de Business Angels), quen dará paso ao relatorio de Rudy Aernoudt, ex ministro de innovación e empresa de Flandes e experto mundial en Business Angels. Aernoudt, ex viceministro de Economía do Goberno belga, foi responsable de Financiamento das PEMES na Comisión Europea e impulsor da política de venture capital e business angels.
A xornada da tarde dará comezo coa charla do catedrático da Complutense José Martí Pellón, especialista en Capital Risco e responsable dos informes de sobre Capital Risco de ASCRI. Falará das tendencias e retos do venture capital en España e a importancia do seu tratamento fiscal.
Xa ‘Inversores a Ventura e Emprendedores innovadores’ é o título da mesa redonda na que, a partir das 17:30 horas, participarán David Rodeiro, profesor de Organización de Empresas da USC ; Yolanda Falcón, de Unirisco-Uniban; Pedro Oscar Santamaría, de GMA; e Francisco Gómez Giráldez, de Innaves.
O encontro chegará ao seu remate coa exposición de Xavier Vence, Ramón Yáñez, Romina García e Francisco Hernández dunhas propostas para unha nova política de apoio a investimentos innovadores. A clausura, ás 20:00 horas, correrá da man do director xeral de I+D, Salustiano Mato.

The contents of this page were updated on 11.29.2007.