Skip to main content

Sinatura dun contrato administrativo entre a USC e o Concello de Ames para a elaboración da guía de flora e da fauna de Riamonte

A vicerreitora de Investigación e Innovación da USC, Mª José Alonso, e o alcalde do Concello de Ames, Carlos A. Fernández Castro, asinarán o vindeiro mércores, día 21, un contrato administrativo polo que a Universidade compostelá elaborará para o mencionado concello unha guía da flora e da fauna de Riamonte.
A sinatura celebrarase nun acto a desenvolver a partir das 12:00 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome. O responsable do desenvolvemento deste traballo por parte da institución docente será o profesor do Departamento de Bioloxía Animal José Carlos Otero González.

The contents of this page were updated on 02.19.2007.