Skip to main content

O reitor da USC recibe a visita do ex primeiro ministro de Romanía Petre Roman

Na visita tamén participa o presidente da Real Academia de Ciencias Económicas e Financeiras de España, Jaime Gil Aluja

O reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro, recibe este venres 16 a visita do ex primeiro ministro de Romanía, Petre Roman, quen estará acompañado polos embaixadores romaneses na Unesco e en Luxemburgo, Dan Aulica e Tudorel Postolache, respectivamente, e polo presidente da Real Academia de Ciencias Económicas e Financeiras de España, Jaime Gil Aluja.
A recepción desenvolverase a partir das 20:30 horas no Despacho Reitoral do Colexio de San Xerome. Na visita, o reitor estará acompañado polo vicerreitor de Relacións Institucionais da USC, Lourenzo Fernández Prieto, e polo profesor da USC José A. Redondo López.

The contents of this page were updated on 02.15.2007.