Skip to main content

O curso de habilidades sociais de relación, comunicación e traballo en grupo rematou co acto de entrega de diplomas

O vicerreitor de Comunidade Universitaria e Compromiso Social, José M. Mayán Santos, clausurou este venres o curso de Habilidades Sociais de Relación, Comunicación e Traballo en Grupo co acto de entrega dos diplomas acreditativos aos asistentes. Impartido polo profesor José Antonio de Prado Díez, o seminario analizou, entre outras cuestións, os elementos do proceso de comunicación ou a importancia dos esquemas mentais e as súas limitacións na vida diaria.
A metodoloxía das xornadas buscou crear un clima no que as persoas se sentisen estimuladas a participar nos exercicios e na simulación de reunións. Por iso, dado o desenvolvemento eminentemente práctico do curso, a Vicerreitoría da Comunidade Universitaria e Compromiso Social non puido ampliar a cota de asistentes para satisfacer unha demanda que superaba as 30 prazas ofertadas. Deste xeito, ás clases asistiron 23 alumnos, 3 docentes e 8 PAS que amosaron a súa satisfacción cos contidos e a organización do curso a través da enquisa que cumprimentaron.
As sesións académicas tiveron como obxectivo desenvolver nos participantes unhas actitudes adecuadas para facilitar as relacións interpersoais e o traballo en grupo, mellorar a capacidade de comunicación e de escoita, e promover entre os alumnos unha experiencia activa fomentando a colaboración fronte a competitividade.

The contents of this page were updated on 02.21.2007.