Skip to main content

A presidenta do Parlamento de Galicia inaugura o Foro Casa Europa de Investigadoras e Tecnólogas

O Seminario Muller e Universidade (SMU) da USC inaugura o luns, día 26, o seu Foro Casa Europa de Investigadoras e Tecnólogas coa participación da Presidenta do Parlamento Galego, Dolores Villarino Santiago. O encontro terá lugar ás 17:00 horas na Casa Europa da USC.
O Foro, que coordina a profesora Monserrat Nogueira, pretende analizar con rigor a participación da muller en todos os ámbitos da actividade pública. Para iso, os trinta asistentes debaterán nesta ocasión sobre a situación da muller no Sistema Galego de Investigación e Innovación.
O Seminario Muller e Universidade, grupo de observación e estudo formado por profesoras da Universidade de Santiago, vén traballando dende a súa creación hai cinco anos na visibilización das mulleres en todos os campos da Ciencia e a Tecnoloxía.

The contents of this page were updated on 02.23.2007.