Skip to main content

A Facultade de Psicoloxía celebrou este venres a festividade do seu patrón Juan Huarte de San Juan

A vicerreitora Mª Paz García Rubio presidiu o acto conmemorativo da festividade do patrón de Psicoloxía
A vicerreitora Mª Paz García Rubio presidiu o acto conmemorativo da festividade do patrón de Psicoloxía

A Facultade de Psicoloxía da USC celebrou este venres a festividade do seu patrón Juan Huarte de San Juan nun acto institucional que baixo a presidencia da vicerreitora de Calidade e Planificación, Mª Paz García Rubio, se celebrou no Salón de Actos do centro. Nesta sesión tamén estivo presente o equipo decanal e a decana do Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia (COPG), Rosa Álvarez Prada.
No acto, a presidenta da sección de Intervención Social do COPG e coordinadora do servizo de axuda no fogar do Concello de Santiago, Encarna Álvarez Gallego, pronunciou unha conferencia na que se analizaron as achegas dos profesionais da psicoloxía no marco da coñecida como Lei de Dependencia.
A sesión rematou coa entrega de diplomas conmemorativos aos licenciados no curso pasado curso 2005-2006 así como a aqueles titulados recoñecidos cos Premios Extraordinarios de Licenciatura (05-06) e Doutoramento (04-05).

The contents of this page were updated on 02.23.2007.