Skip to main content

Presentación dos programas de cooperación interuniversitaria concedidos pola AECI á Universidade de Santiago

A USC porá en marcha proxectos conxuntos con Iberoamérica, Túnez e Marrocos

A Axencia Española de Cooperación Internacional (AECI) concedeulle á Universidade de Santiago un total de quince axudas para a realización de programas de cooperación interuniversitaria e investigación científica con Túnez, Marrocos e Iberoamérica. En concreto, a USC porá en marcha dez proxectos conxuntos con países iberoamericanos, tres con Túnez e dous con Marrocos.
Os proxectos concedidos á USC, pertencentes a diferentes áreas de coñecemento, presentaranse en roda de prensa este martes, día 13, ás 11:00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca. No acto intervirán o vicerreitor de Relacións Institucionais, Lourenzo Fernández Prieto, e o director da Oficina de Relacións Exteriores, Enrique López Veloso.

The contents of this page were updated on 02.12.2007.