Skip to main content

Cálida homenaxe a Félix Navaza co gallo da súa xubilación

Instante do xantar homenaxe a Félix Navaza, coa intervención do seu compañeiro Manuel Clavero
Instante do xantar homenaxe a Félix Navaza, coa intervención do seu compañeiro Manuel Clavero

Félix Navaza recibiu este mércores no transcurso dun xantar unha cálida homenaxe dun cento de compañeiros con motivo da súa xubilación. Ao acto acudiron tamén os vicerreitores de Economía e Financiamento e de Comunidade Universitaria, o xerente e os vicexerentes.
No acto, os compañeiros do que ata agora era xefe do Servizo de Tesourería fixéronlle entrega dun agasallo conmemorativo desta data. O seu compañeiro Manuel Clavero interveu para recoñecer a calidade humana e profesional do homenaxeado á vez que deu lectura a unha carta enviada polo profesor de Filoloxía Ramón Baltar, hoxe nunha estadía en Múnic. Félix Navaza inicia unha nova etapa da súa vida logo de trinta anos de vinculación profesional coa USC, sempre no mesmo servizo.

The contents of this page were updated on 02.08.2007.