Skip to main content

O programa 'A Ponte' da USC analiza as condutas antisociais no IES Xograr Afonso Gómez de Sarria

O Programa ‘A Ponte entre o Ensino Medio e a USC’ achega a Sarria a un experto sobre condutas antisociais para informar aos alumnos do IES Xograr Afonso Gómez. A charla, que se desenvolverá o luns 23, ás 15:30 horas, correrá a cargo do médico especialista en alcoholismo e Magíster en drogodependencias e condutas aditivas, Manuel Varela Veiga.
Esta é a segunda das xornadas de orientación que o programa ‘A Ponte’ organizou no instituto sarriano, despois de que o pasado luns estivese dedicado a explicarlle aos alumnos os novos plans de ensino universitario, a inserción laboral dos titulados e as posibilidades do autoemprego.

The contents of this page were updated on 04.20.2007.