Skip to main content

Paz García Rubio deixa a Vicerreitoría de Calidade e Planificación

Mª Paz García Rubio
Mª Paz García Rubio

A profesora Mª Paz García Rubio deixa a Vicerreitoría de Calidade e Planificación da Universidade de Santiago de Compostela para dedicarse exclusivamente á docencia e á investigación no Departamento de Dereito Común no que é catedrática de Dereito Civil e que pasa, neste momento, por circunstancias excepcionais.
García Rubio chegou á Vicerreitoría despois das eleccións de maio de 2006, cando Senén Barro enceta o seu segundo mandato como reitor da Universidade compostelá. Nacida en 1961, en Quintanilla de Babia, na provincia de León, doutorouse en Dereito pola Universidade de León e, en 1989, incorporase á Universidade de Santiago de Compostela, onde acada un grande prestixio como catedrática de Dereito Civil.
Foi investigadora e profesora visitante en universidades de Italia, Suiza, Reino Unido e Francia, e membro do Observatory of European and Coparative Private Law. Autora de múltiples publicacións da súa especialidade é ademais unha incansable defensora dunha política de conciliación da vida persoal e familiar coa laboral.

The contents of this page were updated on 04.24.2007.