Skip to main content

Veterinaria organiza para esta fin de semana un curso básico de ferraxe

A Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo organiza, co patrocinio da Fundación para a Promoción do Deporte Ecuestre e o Hospital Clínico Veterinario Rof Codina, un curso básico de ferraxe. O veterinario diplomado por The Worshipful Company of Farries, Sergio Muelle Wolstein, será o encargado de impartir os días 27, 28 e 29 as clases en horario de 9:00 a 21:00 horas.
Durante as 30 horas do curso os alumnos estudarán a anatomía e a biomecánica do pé, os tipos de ferraduras, instrumental e preparación para a ferraxe, mentres que no último día se analizará o tipo de ferradura máis adecuado en función da disciplina deportiva do cabalo e a corrección de patoloxías por medio desta técnica.

The contents of this page were updated on 04.26.2007.