Expertos en Xeometría Lorentziana celebran na USC o seu cuarto encontro internacional
Grupos de investigación no eido da Xeometría Lorentziana reuniranse a vindeira semana, entre os días 5 e 8 de febreiro, na Facultade de Matemáticas da USC no seu IV Encontro Internacional. A inauguración oficial terá lugar o luns, día 5, ás 9:30 horas na Aula Magna do centro, coa presenza do reitor da USC, Senén Barro; o decano da Facultade, Juan M. Viaño; o director do Instituto de Matemáticas, Juan José Nieto; e os membros do comité organizador Luis Hervella e Eduardo García.
O primeiro destes encontros tivo lugar en 2001 na vila andaluza de Benalmádena, ao que lle seguiron o de Murcia en 2003 e o de Castelldefels en 2005. O presente congreso pretende introducir dúas melloras importantes con respecto ás anteriores edicións como son a internacionalización, promovendo novos contactos e mellorando a cooperación con grupos de investigación estranxeiros interesados nesta disciplina, e a colaboración con físicos potenciando así o intercambio de coñecemento entre investigadores de diferentes áreas.
Entre os expertos que intervirán no congreso figuran profesores de relevancia internacional provenientes de Estados Unidos, Alemaña, Francia, Australia, NBrasil ou España, entre outros.
Escola complementariaDe xeito simultáneo ao congreso desenvolverase a School on Lorentzian Geometry, actividade organizada no marco da Rede Temática de Relatividade e Gravitación especialmente indicada para estudantes de doutoramento e investigadores novos.