Skip to main content

Aberto o prazo de inscrición para as IV Xornadas de Orientación Laboral e Emprego do Campus de Lugo

As IV Xornadas de Orientación Laboral e Emprego que organiza a Escola de Relacións Laborais de Lugo en colaboración coa vicerreitoría de Coordinación mantén aberto estes días o seu prazo de inscrición.
As xornadas, dirixidas aos alumnos deste centro lugués e estudantes en xeral, celebraranse os vindeiros días 27 e 28 de febreiro no Salón de Graos do Complexo Docente do Campus en horario de mañá e tarde. A inscrición é gratuíta e os interesados deben dirixirse á Secretaría de Relacións Laborais. Os participantes recibirán un diploma de asistencia.

The contents of this page were updated on 02.09.2007.