Skip to main content

A Escola Politécnica Superior de Lugo acolle en setembro a novena edición do 'Congreso Internacional de Enxeñaría de Proxectos'

O Departamento de Enxeñaría Agroforestal da USC en colaboración coa Asociación Española de Enxeñaría de Proxectos organiza a novena edición do ‘Congreso Internacional de Enxeñaría de Proxectos’. O evento, que terá lugar en setembro na Escola Politécnica Superior de Lugo, constituirá un foro no que todos os profesionais deste eido debaterán sobre os resultados das últimas investigacións, o uso das novas tecnoloxías e as aplicacións actuais desta enxeñaría.
Os participantes neste congreso abordarán áreas temáticas como a agroindustria, construción e urbanismo, enxeñaría de produtos, medio ambiente e ordenación do territorio, tecnoloxías da información e das comunicacións, desenvolvemento rural, dirección e xestión de proxectos, procesos industriais, seguridade e saúde ou metodoloxías en formación de proxectos.
Con máis de corenta anos de historia, a Escola Politécnica de Lugo conta, na actualidade, con máis de tres mil alumnos e preto de douscentos profesores repartidos entre nove titulacións vinculadas coa produción agraria e gandeira, o paisaxismo, o medio ambiente, a produción forestal, a enxeñaría civil ou a topografía.

The contents of this page were updated on 04.02.2007.