Skip to main content

Presentación do Curso de Experto en Construción Sostible que organiza a EPS e o Grupo Vilares

A Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo presenta este mércores, día 30, o curso sobre Construción Sostible que organiza xunto co Grupo Vilares e que se celebrará no vindeiro mes de outubro. As persoas interesadas poderán preinscribirse dende este mesmo venres, 1 de xuño.
Ao acto de presentación, que se celebrará na Sala de Prensa da Vicerreitoría de Coordinación ás 12:00 horas, acudirán o vicerreitor de Infraestruturas da USC, Xoán Carlos Carreira Pérez; o vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero Latorre; o director da EPS, Javier Bueno Lema; o director xeral do Grupo Vilares, Carlos Vilares; e os profesores da Escola Politécnica que participan no curso.

The contents of this page were updated on 05.29.2007.