Presentación das conclusión do estudo 'Competitividade e comunicación 2007' elaborado por investigadores da USC e a consultora Carreras y Torres
O estudo realizado por investigadores da Universidade de Santiago e a consultora Carreras y Torres ‘Competitividade e comunicación 2007’ analiza o emprego da comunicación das empresas galegas co obxecto de acadar unha visión global e avaliar o valor engadido que a comunicación representa no marco da actividade empresarial.
As conclusións deste traballo serán presentadas este martes, día 22, nunha roda de prensa na que intervirán o vicerreitor de Relacións Institucionais, Lourenzo Fernández Prieto, o profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación e coordinador do estudo, Xosé R. Pousa, e o director xerente da Consultora Carreras y Torres, Xurxo Torres. A presentación desenvolverase a partir das 11:30 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome.
A investigación pretende identificar as claves dunha comunicación eficaz e a súa relación coa capacidade competitiva das organizacións empresariais.