Skip to main content

A situación actual do galego no ensino obrigatorio, a debate na Facultade de Ciencias da Educación

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación organizou unha mesa redonda co obxectivo de analizar a situación actual e perspectivas futuras do galego no ensino obrigatorio. Enmarcado na actividade ‘Análise da situación da lingua galega no sistema educativo’, o encontro contou coa presenza de representantes da Xunta de Galicia xunto cos membros do C.E.I.P. López Ferreiro e do I.E.S. de Melide, Lois Trigo e Francisco Veiga García, respectivamente.
As xornadas, que buscan profundar no uso da lingua galega, continúan no mesmo centro o mércores, día 16, cun recital de textos literarios no que participan alumnos e profesores da USC.

The contents of this page were updated on 05.14.2007.