Skip to main content

Presentación do programa dos IX Encontros Internacionais de Filosofía no Camiño de Santiago

Os IX Encontros Internacionais de Filosofía no Camiño de Santiago celebraranse o vindeiro mes de novembro, entre os días 8 e 10, en Santiago organizados pola Sociedade Interuniversitaria de Filosofía (SIFA) baixo o lema ‘Galicia e Xapón: do sol nacente ao solpor’.
O programa destes encontros presentarano en rolda de prensa este mércores, día 31, ás 11:00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca o presidente do Comité Organizador, o profesor Carlos Baliñas; o vicepresidente e o secretaria da SIFA, o profesor da Universidade da Coruña Jesús Ríos e o docente da USC Marcelino Agís, respectivamente; e a directora da Fundación Caixa Galicia de Santiago, Ana Salgado.
Profesores de universidades de Xapón e España, así como outros persoeiros da cultura, como o arquitecto César Portela ou o escritor Alfredo Conde entre outros, reuniranse para debater sobre o individuo e a sociedade, pensamento, relixión, cultura, valores e vivencia estética de ambas as dúas beiras do mundo.

The contents of this page were updated on 10.30.2007.