O profesor Feliu Maseras intervén no ciclo de conferencias do Departamento de Química Orgánica
O profesor do Instituto Catalán de Investigación Química Feliu Maseras intervén este martes, día 8, no ciclo de seminarios e conferencias que o Departamento de Química Orgánica vén organizando ao longo do presente curso.
Nesta sesión Feliu Maseras pronunciará a conferencia tituladad ‘Unha aproximación computacional ao mecanismo de reaccións de acoplamento cruzado catalizadas por complexos de paladio’. A intervención desenvolverase a partir das 10:00 horas na Aula Magna da Facultade de Química.