Skip to main content

A colección dixital da biblioteca da USC enriquécese con novos textos

A colección dixital da Biblioteca Universitaria vén de enriquecerse coa inclusión dos textos dixitalizados do Libro de Horas de Fernando I, manuscrito do ano 1055, e da colección de Incunables. Todas as persoas interesadas nestas novidades poden acceder a elas a través da súa páxina web.
A colección dixital da biblioteca da Universidade de Santiago divídese en cinco apartados denominados ‘Fondos xerais’, onde se recollen libros do fondo antigo non galego da Biblioteca Universitaria; ‘Galicia’, que inclúe textos galegos manuscritos e impresos publicados entre 1483 e 1850; ‘Teses USC’, coas investigacións realizadas a partir de 2005; ‘Prensa galega’, cos xornais e revistas dixitalizadas; e ‘Incunables’.

The contents of this page were updated on 05.04.2007.