Skip to main content

Dolores Álvarez Pérez, nova vicerreitora de Calidade e Planificación

Mª Dolores Álvarez Pérez, vicerreitora de Calidade e Planificación
Mª Dolores Álvarez Pérez, vicerreitora de Calidade e Planificación

Dolores Álvarez Pérez, profesora Titular do Departamento de Organización de Empresas e Comercialización, será a nova vicerreitora de Calidade e Planificación da Universidade de Santiago de Compostela, posto que ocupaba a catedrática de Dereito Civil, Mª Paz García Rubio. O reitor, Senén Barro asinará o vindeiro luns, día 7, o nomeamento, como vicerreitora, de Álvarez Pérez, actual responsable do Gabinete do Reitor e persoa con ampla experiencia docente e investigadora na área de Dirección Estratéxica.

Naceu en Castro Caldelas (Ourense) en 1960 e, dende o curso 1993-1994, é profesora nas licenciaturas de Ciencias Empresariais e Administración e Dirección de Empresas, así como en cursos de Posgrao e Másters. Ao longo da súa traxectoria profesional, Mª Dolores Álvarez Pérez traballou fundamentalmente en tres campos, o da Calidade, a Dirección Estratéxica de Recursos Humanos e o Goberno Corporativo.

Nestes campos céntrase tamén a súa investigación, publicada en revistas de ámbito nacional e internacional. Tamén é referee de varias revistas académicas, algunhas de grande prestixio, como Corporate Governance: An International Review. Colaborou con Correos y Telégrafos, S.A. na avaliación do seu sistema de calidade, mediante o modelo EFQM, e durante sete anos, antes de incorporarse á Universidade, desempeñou postos de xestión en empresas como Televés, S.A. ou organizacións sen animo de lucro como a Real Sociedad Económica de Amigos del País.

The contents of this page were updated on 05.04.2007.