Skip to main content

O Consello de Goberno da USC analiza na súa xuntanza deste xoves a convocatoria de prazas do Sistema Universitario de Residencias

O Consello de Goberno da Universidade de Santiago reúnese este xoves, día 10, nunha sesión na que se analizará a convocatoria de prazas de aloxamento no Sistema Universitario de Residencias (SUR) para o vindeiro curso académico 2007-2008 e para o próximo verán así como a aprobación de límite de prazas para o próximo curso nas titulacións dos Programas Oficiais de Posgrao, entre outros temas. A reunión comezará ás 9:30 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome.
Outros asuntos que serán trataron na xuntanza son a modificación da normativa de selección de persoal docente e investigador, a ratificación do Regulamento de Réxime Interno de departamentos, as licenzas de ano sabático, os prezos de aloxamentos no SUR para visitantes e congresistas, a convocatoria de prazas e prezos da Escola Infantil Breogán para o vindeiro curso e o cambio de denominación do Departamento de Bioloxía Animal.
Completan a orde do día, a incorporación de membros á Xunta de Goberno do Instituto de Dereito Industrial (IDIUS), a modificación do Máster Oficial en Xerontoloxía, un curso de posgrao propio, as solicitudes de contratación e de prórrogas de profesorado emérito e as de cambio de localidade de prazas de profesorado e cambios de dedicación do PDI, entre outros asuntos.

The contents of this page were updated on 05.09.2007.