Skip to main content

Unha nova sesión científica do IDEGA debaterá na EPS sobre a 'Xestión de Terras en Galicia'

A Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo acolle este xoves, día 10, unha nova sesión científica do Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA).
O investigador en formación do Departamento de Enxeñaría Agroforestal Francisco Ónega falará sobre a ‘Xestión de terras na Galiza: unha perspectiva comparada’. Logo desta intervención, que comezará ás 19:00 horas no Seminario II, abrirase un debate sobre o tema presentado.

The contents of this page were updated on 05.09.2007.