Skip to main content

A Aula de Teatro da USC representa a súa última producion 'Trufaldino, servidor de dous amos' en Alemaña

Escena de ‘Trufaldino, servidor de dous amos’
Escena de ‘Trufaldino, servidor de dous amos’

A compañía da Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela, logo de presentar a súa última produción Trufaldino, servidor de dous amos, de C. Goldoni, en diferentes cidades e vilas galegas durante os meses de marzo e abril, acode no mes de maio ás cidades de Konstanz e Friedrichshafen (Alemaña) convidado polo K9-Kulturzentrum e polo Culturverein Caserne.
Finalmente, a Aula de Teatro da USC pechará a súa xira no presente curso académico o vindeiro día 29 de maio no Teatro Principal de Santiago, coa representación da súa obra como actividade de clausura da exposición da Vicerreitoría de Cultura “Do escenario ao tórculo: Caplo Goldoni e Caplo Gozzi na imprenta veneciana do século XVIII”.
Por outra parte, a compañía compostelá foi convidada a presentar a súa produción no festival internacional ‘Creating a World and One´s Self’ en Lituania e ao curso de verán sobre arte dramática da Universidade de Almería, no vindeiro mes de xullo.

The contents of this page were updated on 05.09.2007.