Skip to main content

Inauguración da exposición 'Entre o visíbel e o invisíbel' na Facultade de Ciencias en Lugo

A Vicerreitoría de Cultura da USC inaugura este mércores, día 16, a exposición ‘Entre o visíbel e o invisíbel’ organizada pola Facultade de Bioloxía de Santiago e que permanecerá na de Ciencias de Lugo ata o vindeiro 13 de xuño.
Ao acto, que terá lugar ás 13:00 horas, asistirán o vicerreitor de Cultura da USC, Elías Torres; o decano da Facultade de Ciencias, Francisco Fraga; o seu homólogo de Bioloxía de Santiago, Jaime Gómez Márquez; e a comisaria da exposición e profesora do Departamento de Fisioloxía Vexetal, Mª Luz González Caamaño.
A mostra reúne fotografías de procesos de investigacións biolóxicas realizadas polos profesores e investigadores da USC mediante cámaras, estereo-microscopios ou microscopios.

The contents of this page were updated on 05.15.2007.