Skip to main content

Inauguración en Veterinaria da exposición de pintura 'Sciencie & Art: particle physics'

A sala Isaac Díaz Pardo da Facultade de Veterinaria de Lugo acolle desde este mércores, día 23, ata o 15 de xuño a exposición de pintura ‘Science & Art: particle physics’ de Margarita Cimadevila, que pretende relacionar a arte e a ciencia e difundir o coñecemento da física de partículas.
Ao acto de inauguración, que terá lugar este mércores 23 ás 19:00 horas, acudirán o vicerreitor de Cultura da USC, Elias J. Torres Feijó; o vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero Latorre; a autora das obras, Margarita Cimadevila; e a decana da Facultade de Veterinaria, Ana Mª Bravo del Moral.

The contents of this page were updated on 05.22.2007.