Skip to main content

O profesor de Harvard David Edwards disertará no CEA sobre a ciencia ao servizo dos países en vías de desenvolvemento

A conferencia maxistral terá lugar este xoves, día 24, ás 19:00 horas

A Vicerreitoría de Investigación e Innovación, en colaboración co Centro de Estudios Avanzados da USC, organiza un ciclo de conferencias destinadas á difusión da ciencia que comeza este xoves, día 24, coa participación do profesor David Edwards, da Universidade de Harvard.
Baixo o título ‘Cooperación internacional: a ciencia ao servizo dos países en vías de desenvolvemento’, Edwards intervirá ás 19.00 horas na Sala de Debates do CEA tras ser presentado pola vicerreitora de Investigación e Innovación, María José Alonso. O relatorio encádrase no marco das Conferencias Maxistrais e Cursos do CEA con motivo do ‘Ano da Ciencia 2007’ promovido pola FECYT.
O ciclo temático que se inaugura este xoves busca transmitir á sociedade a problemática derivada da escaseza de iniciativas de investigación dirixidas a resolver problemas que afectan de xeito exclusivo ou principalmente a países en desenvolvemento á vez que pretende presentar as iniciativas que nesta liña se están a desenvolver na comunidade galega.

The contents of this page were updated on 05.23.2007.