Skip to main content

As xornadas de investigación da Facultade de Veterinaria abordan a biodiversidade e a conservación, o benestar animal ou novos materiais para a rexeneración ósea

As sesións deste martes, día 16, das xornadas ‘A investigación, dos Laboratorios ás Aulas’ que organiza a Asociación para a Promoción da Investigación no ámbito predoutoral na Facultade de Veterinaria estarán dedicadas, entre outros temas, á biodiversidae e conservación, ao benestar animal e aos novos materiais de rexeneración ósea.
Ás 16:00 horas comezará a quenda de intervencións co relatorio da profesora do Departamento de Produción Vexetal Ana Mª Castelaro Segunde que analizará a evolución das propiedades físicas e dinámica da auga nos solos sometidos a incendios forestais. A continuación, intervirá a profesora do mesmo departamento, María Jesús Sainz Oses, para falar sobre a avaliación de fertilizantes orgánicos na produción de praderas, a quen lle seguirá a profesora de Botánica Mª Inmaculada Romero Buján cunha charla sobre biodiversidade e conservación. Deseguido, o profesor de Ciencias Clínicas Veterinarias Antonio González Cantalapiedra explicará os estudos en vivo de novos materiais para a rexeneración ósea.
A partir das 18:20 horas, tratarase o crecemento folicular en eguas, a cargo da doutoranda do Departamento de Ciencias Clínicas Veterinarias Candela Fernández Villa, ou a relación entre os ácidos graxos libres e a función celular, tema que abordará o profesor de Fisioloxía e coordinador das Áreas da Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ó Desenvolvemento Tecnolóxico no Campus de Lugo, Xesús Antonio Casabiell Pintos.

The contents of this page were updated on 10.15.2007.