Skip to main content

Un simposio internacional organizado polo profesor Luis Caramés analiza a competencia fiscal no ámbito local

A competencia fiscal no ámbito local será o tema de análise central do ‘Workshop on Local Fiscal Competition. Urban public economics review’ que se celebra este xoves 18 no Hotel NH Obradoiro de Santiago. O acto inaugural deste encontro internacional celebrarase a partir das 10:00 horas nunha sesión na que intervirán a decana da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, María Teresa Cancelo, e o profesor da USC Luis Caramés.
Deseguido comezará a quenda de intervencións, na que o docente da Universidade de Atlanta Jorge Martínez pronunciará o relatorio titulado ‘Local government fiscal competition in developing countries: the case os Indonesia’. Seguiralle Sonia Patty, da Universidade de Lille I, para falar sobre ‘Tax competition and new economic geography.
Xa pola tarde, a partir das 17:00 horas, Jean-Michel Uhaldeborde, da Universidade de Pau et des Pays del’Adour, e Luis Caramés, da USC, presentarán unha intervención sobre a competencia fiscal no estado das autonomías. Ás 19:00 horas, a docente da USC María Cadaval presentará as conclusións do encontro, ao que lle seguirá o acto de clausurá que presidirá o vicerreitor de Economía e Financiamento, Miguel A. Vázquez Taín.

The contents of this page were updated on 10.17.2007.