Skip to main content

A colección de gravados antigos de Puertas Mosquera exponse no Colexio de Fonseca

A mostra inaugúrase este venres 19 ás 20:00 horas

A través de 270 gravados antigos o visitante que se achegue ao Colexio de Fonseca a partir desde venres poderá coñecer o estado das principais cidades e vilas galegas no século XIX. A mostra ‘Galicia no gravado antiguo. Colección Puertas Mosquera’ é unha produción conxunta da USC, o Consorcio de Santiago e a Fundación Caixagalicia que permanecerá aberta dende o 19 de outubro ao 2 de decembro.
A inauguración da exposición terá lugar este venres, día 19, ás 20:00 horas nun acto no que participarán o vicerreitor de Cultura, Elias J. Torres Feijó; o alcalde de Compostela e presidente do Consorcio de Santiago; Xosé Sánchez Bugallo; e o director de Acción Social de Caixa Galicia, Xosé Manuel García Iglesias.
Carmelo Puertas Mosquera, compostelán de adopción, é un gran coleccionista de gravados antigos cuxo traballo xa en 2000 propiciou a mostra ‘Cartografía de Galicia. S. XVI ó XIX’ no Colexio de Fonseca, de rotundo éxito tanto de visitantes coma polo seu catálogo, que acadaría o recoñecemento ao libro mellor editado.
Nesta ocasión, a exposición reúne parte da súa colección de gravados que mostran cidades e vilas galegas no século XIX como A Coruña, Vigo, Baiona, Tui, Pontevedra, Vigo ou Baiona, e, principalmente, Santiago de Compostela.

The contents of this page were updated on 10.18.2007.