Skip to main content

O profesor Tod Laursen, da Universidade estadounidense de Duke, imparte un seminario en Matemáticas

O profesor de Enxeñaría Civil e Ambiental da Universidade estadounidense de Duke, Tod A. Laursen, visitará a vindeira semana a Universidade de Santiago para impartir un seminario na Facultade de Matemáticas, convidado polo Departamento de Matemática Aplicada.
Baixo o título ‘Recent developments in mortar-based simulation of large deformation contact mechanics’, o seminario desenvolverase o luns 22 ás 10:00 horas no Salón de Graos da Facultade de Matemáticas.

The contents of this page were updated on 10.19.2007.