O profesor do Instituto de Ciencia de Materiais de Barcelona (CSIC) Jaume Veciana imparte unha serie de conferencias sobre nanociencia
O profesor do Instituto de Ciencia de Materiais de Barcelona (CSIC), Jaume Veciana, participa esta semana no ciclo de cursos, seminarios e conferencias do Departamento de Química Orgánica para o curso 2007-2008 cunha serie de intervencións dedicadas a analizar aspectos particulares da nanociencia.
A quenda de intervencións previstas comezarán este martes 23 ás 12:00 horas coa conferencia titulada ‘Nanoestructuración de materiais moleculares funcionais’. Ao día seguinte, o profesor Veciana falará sobre ‘Nanociencia e Nanotecnoloxía Molecular. Conceptos e aplicacións’. Finalmente, o xoves 25, Jaume Veciana analizará o tema ‘Materiais moleculares porosos funcionais. Introdución, conceptos xerais e aplicacións’.
As tres conferencias celebraranse a partir das 12:00 horas na Aula Magna da Facultade de Química co financiamento da Xunta de Galicia.