Skip to main content

O reitor compostelán Senén Barro asiste en Perú á 40ª reunión da Xunta Directiva de CINDA

O reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro, asiste este luns e o martes á 40ª reunión da Xunta Directiva do Centro Interuniversitario de Desenvolvemento (CINDA) que se celebra no Instituto Riva-Agüero da Pontificia Universidade Católica de Perú.
Na primeira sesión do programa previsto para este luns, Senén Barro ofrece unha conferencia na que analizará a evolución do Espazo Europeo de Educación Superior en España, dentro da sesión institucional que se vai celebrar ao longo de todo o día.
Xa o martes 31, celebrarase unha sesión académica dedicada á análise das innovacións en política, xestión e desenvolvemento universitario. Nela, Senén Barro intervirá presentando a situación das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (TIC) nas universidades españolas.
CINDAO CINDA é unha rede de 30 prestixiosas universidades de Europa, América Latina e o Caribe que desde 1972 promove a cooperación e o intercambio académico. O seu propósito inicial era de integrar as mellores universidades de América Latina nunha rede que se preocupara da relacións das institucións de ensino superior co desenvolvemento nacional dos seus respectivos países de orixe. Anos despois, en 1992 ampliouse a influencia de CINDA a universidades europeas.
Na actualidade, o propósito institucional deste colectivo oriéntase cara a proxectos basicamente dedicados á política e xestión universitarias. A incorporación dunha universidade a esta rede requírelle o cumprimento de selectivos requisitos, de maneira que as institucións membros de CINDA están consideradas entre as mellores no seu ámbito de actuación.

The contents of this page were updated on 10.29.2007.