Skip to main content

A Área de Deportes organiza un curso intensivo de danza do ventre

A Área de Deportes, dependente da Vicerreitoría de Cultura, organiza do 25 de xuño ao 16 de xullo na sala multiusos do estadio de atletismo un curso intensivo sobre danza do ventre. O prazo de matrícula xa está aberto.
As clases, que se impartirán os luns de 18:00 a 19:30 horas, centraranse no ensino dos exercicios básicos desta danza que está indicada para calquera idade xa que non require esforzos violentos e facilita o movemento de músculos que non se usan normalmente. Para asistir a estas sesións non é necesario saber bailar nin ter veo.

The contents of this page were updated on 06.12.2007.