Skip to main content

O presidente da Xunta entrega os 53 Premios Fin de Carreira de Galicia 2007

De esquerda a dereita, Paloma Prado, Senén Barro, Miguel Túñez, Saúl Beceiro e José Sixto
De esquerda a dereita, Paloma Prado, Senén Barro, Miguel Túñez, Saúl Beceiro e José Sixto
Titulados pola USC acapararon o 55% deste premios, recoñecemento aos mellores expedientes universitarios de Galicia

Un total de 53 titulados das tres universidade de Galicia, a de Santiago de Compostela, a da Coruña e a de Vigo, participaron este martes no acto de entrega dos Premios Fin de Carreira da Comunidade Autónoma 2007. O acto, presidido polo titular da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, desenvolveuse no Hostal dos Reis Católicos e contou coa presenza dos tres reitores galegos, Senén Barro, José María Barja e Alberto Gago, así como da conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón e un nutrido grupo de autoridades e acompañantes dos premiados.

A Universidade de Santiago de Compostela, con 29 titulados, acadou nesta convocatoria o 55 por cento destes galardóns que premian os mellores expedientes académicos das titulacións impartidas no Sistema Universitario de Galicia. A Universidade da Coruña acadou 11 premios e a de Vigo 13. Dende a súa primeira convocatoria en 1991, son xa 580 os titulados que recibiron esta distinción, cuxa finalidade é facer un recoñecemento expreso da excelencia académica daqueles estudantes matriculados en calquera das tres universidades galegas que remataron os seus estudos no curso académico 2005-2006.
Logo da entrega de premios e intervindo en representación dos premiados, a licenciada en Historia pola USC Mercedes López-Mayán considera que este galardón como “un estímulo para seguir aprendendo e converternos en profesionais ao servizo desta comunidade”.
Os premiados pola USC son Irene Lostalé (Bioloxía), Daniel Nogueira (Ciencias Políticas e da Administración), Analía Isabel Sabajanes (Dereito), María Pilar Fonseca (Farmacia), María Arce (Filoloxía Alemá), Laura López (Filoloxía Clásica), Paloma Prado (Filoloxía Francesa), Lorena Domínguez (Filoloxía Galega), Alba Fernández (Filoloxía Hispánica), Marina Meléndez (Filoloxía Románica), Sara Arias (Filosofía), Saúl Beceiro (Física), María Mercedes López-Mayán (Historia), Monserrat Pis (Historia da Arte), Carlos Meniño (Matemáticas), Laura Rodríguez (Medicina), Pablo Montero (Pedagoxía), María Esther Castro (Psicoloxía), Alejandra María Feal (Xeografía), José Sixto (Xornalismo), Mónica Dolores Gómez (Mestre, especialidade de Educación Física), Ana María Louzao (Mestre, especialidade de Educación Infantil), Estefanía Sánchez (Traballo Social), Fernando Rodríguez (Enxeñaría Agrónoma), Santiago Crecente (Enxeñaría de Montes), Xiana Romaní (Enxeñaría Química), Pablo Guindos (Enxeñaría Técnica Agrícola, especialidade en Mecanización e Construcións Rurais), María Inmaculada López (Enxeñaría Técnica Industrial, especialidade en Química Industrial) e Ángela Pumariño (Enxeñaría Técnica de Obras Públicas, especialidade en Transportes e Servizos Urbanos).

The contents of this page were updated on 06.19.2007.