Skip to main content

O reitor da USC e o alcalde de Ferrol visitan as instalacións da Estación de Bioloxía Mariña da Graña

O reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro, e o alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri, visitarán este xoves 13 as instalacións da Estación de Bioloxía Mariña da Graña, acompañados do director do centro, o profesor Victoriano Urgorri.
Na visita, que dará comezo ás 13:00 horas, o alcalde coñecerá de preto o traballo desenvolvido neste centro de investigación da USC, labor científica que o alcalde considera de grande importancia a prol da protección da ría ferrolá e para o conxunto de Galicia.
A Estación de Bioloxía Mariña da Graña é unha institución científica da USC que se creou coa fin de fomentar e facilitar a investigación e a docencia na bioloxía mariña e o asesoramento e difusión nos temas relacionados coa fauna e flora mariñas de Galicia. Asemade propicia o establecemento e coordinación de relacións de intercambio científico con outras Universidades e institucións científicas de España e doutros países.

The contents of this page were updated on 12.12.2007.