Presentación do libro 'Servir era o pan do demo. Historia da vida cotiá en Galicia (Séculos XIX-XX)', do profesor da USC Xavier Castro
O profesor do Departamento de Historia Contemporánea da USC Xavier castro presenta este martes, 4 de decembro, o seu libro Servir era o pan do demo. Historia da vida cotiá en Galicia (Séculos XIX-XX), co que gañou o XII Premio de Investigación Xesús Ferro Couselo convocado polo Concello de Valga e dotado con 4.000 euros.
Á presentación, que terá lugar ás 11:45 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca, acudirán o propio Xavier Castro, o alcalde do Concello de Valga, José María Bello, e o editor da publicación, Gonzalo Allegue.
A obra, editada por NigraTrea, constitúe un achegamento de síntese á historia da vida cotiá na Galicia contemporánea dende unha perspectiva de conxunto. Formulada como unha obra de investigación histórica, emprega fontes inéditas combinándoas coa bibliografía dispoñible para reflectir o xeito no que se desenvolvía a vida da xente corrente, a familia, a alimentación, a vivenda, a indumentaria, a hixiene, o traballo e o lecer, e asemade o mundo da escola.