Presentación da obra de teatro 'Noite de Reis', que se representará dentro do programa Lugo Cultural
O vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero; a concelleira de Cultura, Concepción Burgo; o delegado provincial da Consellaría de Cultura, Antonio Molina, e o representante da área de Cultura e Deportes da Deputación Provincial, Antón Veiga, presentarán mañá xoves, ás 11:30 horas, a representación teatral ‘Noite de Reis’, a cargo do Centro Dramático Galego, que se inclúe dentro do programa de outono de Lugo Cultural.
Nesta presentación, que terá lugar na Sala de Prensa da Vicerreitoría de Lugo, estarán presentes tamén a directora desta compañía, Cristina Domínguez, e o director da obra, Quico Cadaval. A obra representarase o luns 17 no Auditorio Gustavo Freire, ás 21:00 horas.