Skip to main content

Inaugurada no Colexio de Fonseca a mostra fotográfica 'Compostela, un ano de Voz 2007'

Fotografía de Álvaro Ballesteros
Fotografía de Álvaro Ballesteros

Máis de medio centenar de fotografías integran a mostra ‘Compostela, un ano de Voz 2007’, inaugurada este martes 11 no Colexio de Fonseca nun acto no que estiveron presentes o reitor da USC, Senén Barro; a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; o vicerreitor de Cultura, Elias Torres; o director de La Voz de Galicia, Xosé L. Vilela e e o delegado de La Voz en Santiago, Ignacio Carballo.
As fotografías expostas recollen as instantáneas realizadas ao longo do presente ano polos reporteiros gráficos Xoán A. Soler, Álvaro Ballesteros, Sandra Alonso e Paco Rodríguez. Cada unha delas preséntase en formato xigante xunto coa páxina do diario no que se publicou.
Na mostra queda reflectida a vida política das principais institucións galegas, os cambios urbanos experimentados, o ambiente cultural, o casco histórico visto dende novas perspectivas ou os sucesos cotiás.

The contents of this page were updated on 12.12.2007.