Skip to main content

A Vicerreitoría de Cultura dispón de billetes para asistir este mércores ao concerto da Orquestra de Cámara Galega

Por un acordo coa Fundación Groba, a Vicerreitoría de Cultura da USC dispón de billetes para asistir ao Concerto da Orquestra de Cámara Galega que terá lugar no Auditorio de Galicia de Santiago este mércores, día 12, ás 21:00 horas.
Os billetes poden retirarse nas oficinas da Vicerreitoría de Cultura, (Praza do Obradoiro en Santiago ou Praza Pío XII en Lugo), entre as 9:00 e as 14:00 horas dos días 11 e 12. Daranse dúas entradas por persoa no máximo.

The contents of this page were updated on 12.11.2007.