Skip to main content

O Colexio Maior Fonseca inicia esta semana unha serie de actividades co gallo do Nadal

O Colexio Maior Fonseca inicia esta semana un programa de actividades deseñadas especificamente con motivo da inminente chegada das festas do Nadal. As primeiras actividades desta programación consistirán na celebración dun karaoke, dun obradoiro de tarxetas e dun trivial cinematográfico.
Así, este martes 11 celebrarase o trivial cinematográfico no que os participantes deberán superar unha serie de probas similares ás do programa televisivo ‘Saber y Ganar’, acumulando ou restando puntos. Esta iniciativa desenvolverase a partir das 20:30 horas no Salón de Xogos colexial.
Xa o mércores 12, terá lugar un karaoke navideño aberto aos colexiais do centro organizador así como aos residentes do Servizo Universitario de Residencias (SUR). Esta actividade, que inclúe un concurso de panxoliñas, dará comezo ás 22:00 horas.
Na mesma xornada do mércores, dará comezo un obradoiro para a realización de tarxetas de nadal a celebrar ata o xoves 13 na Sala de Xogos do Colexio dende as 17:00 horas e destinado a todos os membros da comunidade universitaria.

The contents of this page were updated on 12.11.2007.