A mostra fotográfica 'Compostela, un ano de Voz 2007' inaugúrase este martes no Colexio de Fonseca
O reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro, asiste este martes 11 ao acto de inauguración da mostra fotográfica ‘Compostela, un ano de Voz 2007’ na que se recollen instantáneas realizadas polos reporteiros gráficos Xoán A. Soler, Álvaro Ballesteros, Sandra Alonso e Paco Rodríguez.
Ao acto de inauguración, previsto para ás 20:00 horas no Colexio de Fonseca, asistirán ademais a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo; o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; o vicerreitor de Cultura, Elias Torres; e o delegado de La Voz en Santiago, Ignacio Carballo.
Esta exposición retrata en imaxes unha particular crónica do acontecido en Compostela ao longo do ano que agora está a piques de chegar ao seu fin.