Skip to main content

O último curso do III Teateatre celebrarase os días 22 e 23 de decembro en Veterinaria

O último curso da terceira edición do programa Teateatre, organizado conxuntamente pola Vicerreitoría de Cultura da USC, o Concello de Lugo, a Escola de Arte e Lecer de Fingoi e a Xunta de Galicia, celebrarase finalmente os días 22 e 23 de decembro. O curso foi suspendido o día 2 de novembro debido a unha enfermidade do relator.
As distintas accións formativas organizadas dentro deste ciclo, que se desenvolven durante os meses de verán na cidade de Lugo desde hai tres anos, están coordinadas por Palimoco Teatro coa colaboración de FEGATEA.
Este último curso do ciclo estará a cargo de Suso Díaz, director de La Imagina Machina e actor do grupo Sarabela Teatro, que afondará sobre a improvisación.
Os interesados en informarse sobre o particular poden facelo chamando ao teléfono 982 285 900 coa extensión 21513/21511, en horario de 9:00 a 14:00 horas. A inscrición segue aberta xa que quedan algunhas prazas vacantes.

The contents of this page were updated on 12.10.2007.