Skip to main content

Acto protocolario de toma de posesión do novo director da Escola Universitaria de Relacións Laborais de Santiago

O reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro, presidirá este martes 18 o acto protocolario de toma de posesión do director da Escola de Relacións Laborais de Santiago, o profesor Juan José Ares Fernández. A sesión celebrarase no Salón de Graos do Colexio de San Xerome a partir das 13:30 horas.
Juan José Ares FernándezO profesor Juan José Ares é profesor da Escola Universitaria de Relacións Laborais dende o ano 1984, ademais de impartir docencia na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.
Con anterioridade a asumir a dirección deste centro compostelán, Ares Fernández era ata a actualidade director do Departamento de Fundamentos da Análise Económica, e con anterioridade foi secretario da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e secretario do Departamento de Fundamentos da Análise Económica e do Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA).
Ao abeiro deste último instituto desenvolveu boa parte da súa faceta investigadora participando nos últimos anos en numerosos proxectos. Deste xeito, pertence ao equipo de traballo que se encarga de elaborar os Informes Anuais e de Conxuntura publicados polo CIEF-Fundación Caixa Galicia. Ademais participou na elaboración do Plan Estratéxico da Provincia da Coruña e colabora habitualmente na realización de estudos de moi diverso tipo sobre a economía de Galicia.

The contents of this page were updated on 12.17.2007.