Skip to main content

A Área de Orientación Laboral desenvolve un obradoiro sobre a preparación de procesos de selección

Preparación de procesos de selección é o tema do obradoiro que este martes 18 organiza a Área de Orientación Laboral (SAEE) do Campus de Santiago dirixido a estudantes de últimos cursos e titulados recentes.
Con este encontro, que se suma ao celebrado a pasada semana sobre a elaboración do currículo, a área de Orientación Laboral pretende ofrecer información sobre as principais técnicas de selección de persoal, as súas finalidades e formas de aplicación, así como proporcionar recursos aos universitarios para afrontar o seu acceso ao mercado laboral con éxito.
Este obradoiro, de carácter gratuíto, celebrarase en horario de 10:00 a 13:00 horas nas dependencias do Servizo de Apoio ao Emprendemento e ao Emprego (SAEE) da Vicerreitoría da Comunidade Universitaria e Compromiso Social, emprazadas en Casas Reais nº 8. Aquelas persoas interesadas en participar deben inscribirse previamente na oficina da Área de Orientación Laboral (SAEE) ou por teléfono a través da extensión 12850.

The contents of this page were updated on 12.17.2007.