Skip to main content

O Colexio Maior Fonseca acolle a presentación dos Protocolos para a Integración na Comunidade Universitaria

Os membros da comunidade universitaria poderán coñecer este mércores, día 19, os Protocolos para a Integración na Comunidade Universitaria cos que a institución compostelá se sitúa desde o pasado mes de setembro á vangarda das Universidades de España que traballan na promoción da participación das persoas con necesidades específicas no ensino superior.
A presentación destes protocolos, que xa foron editados hai uns meses, desenvolverase ás 20:00 horas no Salón de Xogos do Colexio Maior Fonseca nun acto no que se contará ademais coa intervención de persoas que narrarán a súa propia vivencia persoal.
Os Protocolos pretenden axudar a favorecer a participación das persoas con necesidades especiais e, á súa vez, facilitar o achegamento a un colectivo cada vez máis numeroso proporcionando as estratexias básicas necesarias. O exemplar elaborouse coa colaboración de Bancaja e dalgunhas das principais entidades que dende a sociedade civil traballan a prol dos dereitos das persoas con discapacidade

The contents of this page were updated on 12.18.2007.