A Fonoteca proxecta o documental 'Bach', de James Runcie
A Fonoteca Universitaria dedica en xuño o seu ciclo Música en Imaxes aos grandes compositores clásicos, comezando este xoves, día 7, por Johann Sebastian Bach. Deste xeito, ás 18:00 horas na sede da Fonoteca, na Facultade de Ciencias da Comunicación, proxectarase o documental ‘Bach’, dirixido por James Runcie.
A música do documental, narrado por Kenneth Branagh, está interpretada por The Monteverde Choir e English Baroque Soloists, dirixidos por John Eliot Gardiner; Thomanerchor ; Ton Koopman & Tini Mathot, Jacques Loussier, Joanna MacGregor.